PRODUTO
Os produtos da nosa tenda solidaria son realizados baixo pedido, por iso podemos ofrecer tanta cantidade de modelos e cores.
Se tes algunha dúbida sobre tallas, modelos e cores, non dubides en escribirnos a admin@santuariovacaloura.org
PRAZO DE ENTREGA
Non temos todos os produtos en stock e temos que facer pedido ao noso provedor, polo que o proceso de entrega pode alongarse.
Se tes que facer un agasallo e o necesitas para unha data en concreto, escríbenos a admin@santuariovacaloura.org e confirmarémosche se é posible.
RECOLLIDA EN SANTIAGO
Adoitamos facer a entrega na tenda vegana “A tenda das herbas” (Pitelos, 26).
Enviarémosche un email cando poidas pasar a recollelo.
PAGO
O pago con Paypal inclúe a comisión que cobra Paypal pola operación.
Se realizas a transferencia bancaria, envía o xustificante para axilizar o proceso a admin@santuariovacaloura.org
ENVÍO A DOMICILIO
A única opción de envío é o certificado de Correos, o prezo calcúlase de forma automática en función do peso.
Teremos un número de seguimento para comprobar o estado do envío.
Lembra que isto é unha tenda benéfica dun Santuario de Animais, xestionada por voluntariado, tentamos levar as cousas ao día, pero non sempre é posible debido ao volume de traballo que hai no Santuario.
Grazas por axudarnos a salvar vidas!