O aceite esencial de árbore do té é un dos imprescindibles no fogar debido a súa grande diversidade de propiedades e usos.
No botiquín é un perfecto aliado desinfectando feridas, como reforzo para as defensas, combatindo herpes, acné e fungos (cómo o pé de atleta). Ideal tamén para a saúde bucal a través de enxagües, grazas as súas propiedades antisépticas. Dúas ou tres gotas en medio vaso de auga templada bastan para facer un colutorio de xeito instantáneo que tamén nos axudará coas infeccións de gorxa se facemos gárgaras.
Repele a picadura de insectos e, se chegan a picarnos alivia tamén o picor e a inflamación aplicando unha gota sobre a lesión.
Ademais de antibacteriano e antifúnxico é tamén antiviral.
Combate piollos e pulgas empregando unhas poucas gotas. Engadindo unha pequena cantidade no champú habitual tamén axuda a combatir a caspa (10 gotas/250 ml).
É un aceite moi completo que sirve tamén para a elaboración de produtos de limpeza ecolóxica e de desinfección de superficies.
O dito, imprescindible!