

Aphro-ismo. Por Aph Ko y Syl Ko.
Pago seguro a través de Paypal ou transferencia bancaria.
Envío a domicilio ou recollida en Santiago.
Compra solidaria
APHRO-ISMO. Ensaios de dúas irmás sobre cultura popular, feminismo e veganismo negro.
Se buscas respostas, unha guía de instrucións ou unha conclusión universal, este non é o teu libro. Aphro- ismo é o contrario, é unha invitación para cuestionar e repensar a raíz común destes sistemas de opresión. Tampouco nos equivoquemos neste punto, Aphro-ismo non é outro libro sobre interseccionalidad. Aph e Syl dirán que a interseccionalidad é unha ferramenta que serve para entender as opresións, non para combatelas. E estamos ante dúas irmás que queren queimalo todo e que baixo as cinzas deste herdado mundo maldito onde reina a tristeza renazan outros mundos que aínda non habemos sequera imaxinado. Este libro fala do zoo, o mesmo que os animais pronto descobren que ten moi pouco de “lóxico”, pero tamén fala da procura da liberdade e do apoio mutuo como ferramenta para loitar por conseguila.