

15ml de Aceite esencial de laranxa.
Non testado en animais.
Vegano.
Uso externo.
Natural.
O aceite esencial de laranxa, ademais dun marabilloso olor a esta froita cítrica, ten moitas propiedades beneficiosas.
Unha delas é o seu efecto antiinflamatorio, aplicado tanto en uso interno como externo. Mellora a irritación, inflamación e malestar dixestivo, tendo ademais un efecto carminativo (axuda a eliminar gases) e antiespasmódico (calma a tos, a diarrea e relaxa os músculos). Pero tamén atalla o estreñimento e a dispepsia.
Ten ademais efectos beneficiosos sobre a nosa mente, calma, aporta alegría, aumenta a líbido. É ideal para comezar o día con enerxía, ánimo e serenidade ao mesmo tempo.
Actúa tamén como tónico e diurético bastante eficaz, así como colagogo, promovendo a secreción de tódalas glándulas. Ten un efecto desintoxicante.
Aporta axuda no tratamento do acné e a dermatite así coma para manter unha pel suave e xoven.
O seu sabor non é doce coma o seu olor, é como tódolos aceites esenciais, o seu uso debe ser controlado e limitado a unhas poucas gotas (1-3) e sempre diluído nun vehículo como unha infusión ou unha cullerada de aceite de oliva virxe extra.