

15ml de Aceite esencial de limón.
Non testado en animais.
Vegano.
Uso externo.
Natural.
O aceite esencial de limón é un tonificante e desinfectante natural.
A súa inhalación inhibe as náuseas, a súa aplicación na pel reduce o acné, nutre e hidrata a pel, ademais de combater as manchas e o envellecemento (é fotosensible, polo que a súa aplicación debe ser nocturna, alonxada dos raios do sol). Inxerido ten un potente efecto antioxidante, especialmente en fígado, riles e cerebro.
Pódese empregar para o coidado da saúde bucal polas súas propiedades antifúnxicas e bacterianas, axudarnos a combater enfermidades como a candidiase e a manter uns dentes máis brancos e mellor alento. A diferencia do zume de limón que estraga o esmalte, o aceite esencial branquea sen danar.
Pódese empregar como conservante nos alimentos polo seu gran efecto antimicrobiano.
E tamén é un bo aliado nos resfriados, especialmente se van acompañados de tose.
Polas súas marabillosas propiedades antimicrobianas, antifúnxicas e desinfectantes é un ingrediente estrela na elaboración de produtos de limpeza caseira e ecolóxica.