

15ml de Aceite esencial de lavanda.
Non testado en animais.
Vegano.
Uso externo.
Natural.
O aceite esencial de lavanda é un dos aceites esenciais máis coñecidos e empregados en aromaterapia. O seu uso máis frecuente é como relaxante, tanto para adultos como para crianzas. Para bebés poden empregarse un par de gotas no berce para favorecer o sono e a tranquilidade.
As súas flores ou o aceite esencial poden empregarse en sacos de calor. Pero ademais ten outras moitas propiedades: alivio do resfriado e da tos cando se aplican unhas gotas, en auga quente ou na auga do baño, para facer vahos; antibacteriano, ideal para a elaboración de desodorantes e en casos de infección xinecolóxica; tamén pode empregarse xunto a aceites vexetais ou na elaboración de cremas e ungüentos para beneficiarnos das súas propiedades combatindo acné, eccemas e aminorando a aparición de enrugas.
É un bo aceite esencial de botiquín pois axuda a desinfectar pequenas feridas e ten un efecto calmante e reparador sobre as queimaduras, granos de varicela e peles con prurito.
Por se todo isto fora pouco, empregado xunto a outros aceites esenciais potencia as súas propiedades.